Ningún positivo no inicio de probas a viaxeiros nos aeroportos de Santiago e Vigo

Comezaron os test en voos nacionais chegados ao aeroporto Rosalía de Castro
Punto de realización de los test de antígenos en el aeropuerto de Santiago. DAVID CABEZÓN
photo_camera Punto de realización do test de antígenos no aeroporto de Santiago. DAVID CABEZÓN

Punto de realización do test de antígenos no aeroporto de Santiago. DAVID CABEZÓNO Sergas comezou este martes a realizar probas de antíxenos aos viaxeiros chegados aos aeroportos de Santiago e Vigo, onde non se detectou ningún positivo.  Segundo informa a área sanitaria de Santiago, comezaron o test en voos nacionais chegados ao aeroporto Rosalía de Castro.

No primeiro voo participaron de forma voluntaria 23 dos 93 pasaxeiros, todos con resultado negativo. 

Pola súa banda, a área sanitaria de Vigo explica a Europa Press que este martes se realizou unha proba para valorar o circuíto en Peinador, polo que só participou un viaxeiro. 

Ademais, no aeroporto coruñés de Alvedro realízanse probas desde o pasado venres. Aena aprobou o luns a cesión de espazos para a realización de test de antígenos de covid-19 tamén nos aeroportos de Santiago e Vigo. 

Comentarios