Nós condena a "falta de compromiso" dos populares co naval vigués

Carme Adán, cabeza de lista por Pontevedra, considera que o PP deixou "abandonado" ao sector naval de Vigo ao non existir financión, nin plan industrial nin investimentos en innovación

A cabeza de lista de Nós-Candidatura Galega por Pontevedra, Carme Adán, denunciou este mércores a falta de "compromiso" do PP co sector naval vigués, ao que deixou "abandonado" ao non haber financiamento, nin plan industrial nin investimentos en innovación.

Tras reunirse con traballadores e coa dirección do estaleiro Vulcano, Adán, que estivo acompañada por Olaia Fernández Davila, Camilo Nogueira e Serafín Otero, apuntou que o do naval é "un problema político" porque en Noruega, Alemaña ou o País Vasco "fanse barcos".

Adán criticou "as mentiras" do PP acerca do seu "compromiso" co naval e garantiu que Nós-Candidatura Galega traballará "sen descanso" polo mesmo no Congreso.

Segundo Olaia Fernández Davila, "é evidente" que o Executivo central "non está a apostar pola actividade produtiva que é estratéxica", e que no caso do naval resulta "fundamental" para a economía de Vigo. 

Comentarios