martes. 21.09.2021 |
El tiempo
martes. 21.09.2021
El tiempo

Tres novas mortes elevan a 2.452 as vítimas por Covid en Galicia

Complejo Hospitalario de Ferrol. GOOGLE MAPS
Complexo Hospitalario de Ferrol. GOOGLE MAPS
As tres mulleres, de avanzada idade, presentaban patoloxías previas

A Consellería de Sanidade informou da morte nas últimas horas de tres mulleres maiores que foran contaxiadas por coronavirus e que presentaban patoloxías previas, co que o número de vítimas con Covid-19 en Galicia alcanza as 2.452

Segundo a información remitida aos medios por Sanidade, a primeira destas mortes, unha muller de 82 anos de idade, produciuse o pasado venres no Complexo Hospitalario de Ferrol. Ao día seguinte, faleceu tamén no CHUF outra muller de 94 anos de idade e xa este domingo, morreu con Covid outra muller de 88 anos de idade no Hospital de Verín

Galicia iniciou a última semana do mes de xullo cun incremento da presión hospitalaria, ao aumentar a 258 os pacientes hospitalizados, pero cun lixeiro descenso dos novos contaxios, situados en 1.115. Os casos activos soben ata os 17.298 e a taxa de positividade repunta a un 15%.

Tres novas mortes elevan a 2.452 as vítimas por Covid en Galicia
comentarios
ç