O lume de Carballeda queimou 55 hectáreas antes de ser extinguido

Segue a evolucionar favorablemente o condutor de motobomba ferido leve por queimaduras na extinción deste incendio. Previsiblemente, recibirá o alta este domingo

A Consellería de Medio Rural e Mar informa da extinción do lume rexistrado no concello ourensán de Carballeda de Valdeorras, parroquia de Lardeira. Este incendio iniciouse o sábado ás 15:00 horas e quedou extinguido ás 21:25 horas.

O lume afectou, segundo estimacións provisionais, unha superficie de 55 hectáreas de monte raso. Na súa extinción traballaron 1 técnico, 3 axentes forestais, 7 brigadas, 3 motobombas, 2 pas, 5 helicópteros e 3 avións.

EVOLUCIÓN FAVORABLE.  Por outra banda, continúa a evolución favorable do condutor de motobomba ferido leve mentres participaba nos labores de extinción deste incendio. O operario permanece ingresado en planta na clínica Povisa de Vigo, á espera de ser dado de alto nas próximas horas.

Comentarios