O operativo de Tráfico con motivo do Rali do Cocido sáldase con seis positivos en drogas e tres en alcol

A Garda Civil tamén 'cazou' a 54 vehículos que circulaban a unha velocidade excesiva e a un condutor co permiso retirado
Operativo de control de alchol y drogas en el Rali do Codido
photo_camera Operativo de control de alchol y drogas en el Rali do Codido

Con ocasión da celebración do XXIII Rali do Cocido de Lalín o Destacamento de Tráfico da Garda Civil de Lalín, co apoio do Subsector de Tráfico de Pontevedra, estableceu este sábado pasado un dispositivo especial de control de alcol e drogas.

No marco deste operativo de servizo, realizáronse un total de 243 probas de detección de alcoholemia, sendo descubertos tres condutores arroxando un resultado positivo nos controis preventivos levados a cabo. Con relación á presenza de drogas na condución, realizáronse 11 probas e detectáronse 6 condutores, algo máis do 54%, con resultado positivo.

Nos controis de velocidade detectáronse 54 vehículos que circulaban a velocidades superiores ás permitidas. Todos foron denunciados por vía administrativa.

Con ocasión destes controis e tras a detección dos vehículos para a realización da proba de alcol e drogas activouse o plan integral de vixilancia, que consiste na comprobación da documentación do condutor, con especial atención ás condicións do vehículo -pneumáticos, iluminación, sinalización, ITV-, uso de elementos de seguridade ou teléfonos móbiles. Neste sentido, formuláronse un total de 44 denuncias ao Regulamento Xeral de Circulación.

No ámbito penal, a Garda Civil de Tráfico informa que se instruíron dilixencias a un condutor por un suposto delito de quebrantamento de condena por conducir co permiso retirado.

Comentarios