O público volveu gozar en Sabucedo coa loita entre homes e bestas

Despois da Rapa deste domingo, para este luns queda o Curro Solidario, a beneficio da asociación contra o cancro

O público volveu gozar este domingo no curro de Sabucedo dun espectáculo que cada vez se vai coñecendo máis fose das nosas fronteiras, A Rapa das Bestas. Nesta edición, foron 174 xornalistas os que acudiron a esta localidade da Estrada para cubrir esta festa tradicional, "cifra récord", como informaba Alberto Rei, membro do equipo de comunicación.

Pese ao bo ritmo, ao termo da rapa deste domingo, no segundo curro do fin de semana, aínda quedaban varios exemplares coas crinas por cortar. Iso ocorrerá este luns ás doce do mediodía, no Curro Solidario, cuxa recadación será doada á Asociación Española contra o Cancro.

Os numerosos asistentes a esta sesión da Rapa das Bestas puideron gozar dunha tradición que, como todas, ten un gran compoñente ritual. Este luns, na edición impresa do Diario de Pontevedra, repasámolo.

Comentarios