O ‘'Rei dos xitanos’' xa está de volta na súa casa tras recibir a alta hospitalaria

Despéxase a incógnita de se o patriarca dos Morones ingresaría en prisión como os seus catro fillos homes pola trama dos vendedores ambulantes
Olegario Giménez
photo_camera Olegario Giménez

Olegario Giménez atópase xa no seu domicilio do Porriño tras recibir este xoves a alta hospitalaria. Despéxase así a incógnita sobre se o patriarca do clan dos Morones ingresaría ou non na prisión da Lama pola súa presunta implicación na trama de extorsión nos mercadillos que investiga un xulgado de Cangas e pola que xa foron encarcerados os seus catro fillos homes: Sinaí, Saúl, Paulo e Marino.

O autoproclamado ‘Rei dos xitanos’, de 69 anos e que abandonou o Hospital Provincial en ambulancia, prestou declaración ante o xuíz o pasado 15 de abril pero ao termo da súa comparecencia sentiuse indisposto e, tras recibir unha primeira asistencia, tivo que ser trasladado a Urxencias de Povisa, desde onde foi derivado ao CHOP.

Comentarios