jueves. 20.01.2022 |
El tiempo
jueves. 20.01.2022
El tiempo

A OPE de educación en Galicia volverá superar as 3.000 prazas o ano que vén

Román Rodríguez. XUNTA
Román Rodríguez. XUNTA
O conselleiro de Educación esgrime defende que as medidas anticovid funcionaron "moi ben" nun curso no que "os nenos foron heroes"

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, asegurou este sábado que as oposicións do ensino en Galicia o próximo exercicio sumarán un número de prazas "semellante, 100 ou 150 por arriba ou por abaixo" ás que se celebran o mes próximo e superaranse as 3.000", tendo en conta que se acumulará a oferta pública de emprego deste 2021 (xa aprobada) coa de 2022.

Así o ratificou nunha entrevista concedida á Radio Galega e recollida por Europa Press, na que incidiu no traballo e "responsabilidade" que implicou preparar, no marco dunha pandemia, o protocolo para as probas que se celebran neste mes de xuño (relativas ás 3.894 prazas que quedaran aprazadas de 2020).

Preguntado acerca de se o modelo de celebrar as probas en máis localidades que nas cidades (as oposicións terán este ano 23 sedes), apelou " prudencia" e incidiu no esforzo organizativo e económico que supón esta descentralización para a Administración galega. "Moitos aspectos viñeron para quedar, pero outros non. Haberá que avalialo", dixo.

Ao tempo, puxo en valor a renovación do persoal docente na comunidade. "Desde 2009 renovamos case o 50% do persoal do profesorado", sentenciou, e reivindicou os "bos indicadores" que rexistra a comunidade no que respecta a parámetros académicos co informe PISA como guía.

"Fixémolo moi ben en Galicia", insistiu, á vez que destacou o investimento e a organización impulsada desde a Administración galega

"OS NENOS FORON HÉROES". Román Rodríguez defendeu, así mesmo, o protocolo anticovid implantado nas aulas galegas, onde "salvo casos moi localizados" non houbo transmisión interna. "Iso é que as medidas se cumpriron e fíxose ben", esgrimiu.

"Fixémolo moi ben en Galicia", insistiu, á vez que destacou o investimento e a organización impulsada desde a Administración galega, así como o papel dos alumnos. "Os nenos foron heroes, tremendamente disciplinados", aseverou o conselleiro, quen, sobre o protocolo do próximo curso, non desvelou que ocorrerá cos profesores de reforzo.

"Estamos a avaliar como quedan os persoais e os grupos (de acordo co novo protocolo exposto polo goberno). Non se trata de ter máis ou menos profesores ou máis ou menos grupos, senón de que as medidas responsan e podamos volver canto antes á normalidade", esgrimiu, antes de destacar a importancia da vacinación neste proceso.

MEIRÁS E CASA CORNIDE. Sobre a incoación do expediente como Ben de Interese Cultural (BIC) da Casa Cornide da Coruña, indicou que se acaba de dar o paso e recalcou que "en ningún caso implica un cambio de propiedade, senón a protección patrimonial", aínda que cando se culminaron os pasos o concello "poderá tomar as medidas que vexa oportunas".

Finalmente, sobre a ampliación da declaración BIC aos bens que hai no Pazo de Meirás, subliñou que o que se dá co Goberno é "unha discrepancia xurídica, non política", xa que a Asesoría Xurídica autonómica "entende que quen tería que ampliar a declaración BIC é o Estado e o Estado entiene que a Xunta".

"Hai que buscar unha solución e desde a Xunta expomos que nós estamos dispostos a ampliar o expediente BIC para protexer os bens, pero pedimos un acordo entre as partes a través dun convenio e non entendemos por que o Estado se nega a fortalecer esa relación positiva", resolveu.

A OPE de educación en Galicia volverá superar as 3.000 prazas o ano...
comentarios