Orozco: ''Nunca recibín dádiva ou diñeiro de ningunha empresa''

O rexedor de Lugo, José López Orozco, reiterou hoxe ante a prensa que nunca recibiu "ningún tipo de dádiva ou cartos'' por parte de ningunha empresa.

O alcalde non estaba na cidade o mércores, día en que se divulgou boa parte do sumario do caso Pokemon, que investiga supostas adxudicacións irregulares e subornos ao redor de concesións municipais e no que o dirixente socialista está imputado. Na parte desvelada figura a primeira declaración de López Orozco ante a titular do xulgado de instrución número un de Lugo, Pilar de Lara, que é a que dirixe o caso. Nesas case cinco horas e media, o rexedor, que este mércores asistía a unha reunión do Eixo Atlántico en Braga, negábao "todo, absolutamente todo". 

? "Este tipo de agasallos rexéitanse e devólvense, tanto na casa como no Concello. Enviei algunha cesta ás monxas''

?Consulte aquí os detalles da declaración de Orozco ante De Lara

Comentarios