As orquestras realizan un chamamento desesperado e reclaman axudas

A crise do sector afectaría a máis de 5.000 familias de xeito directo
Rueda de prensa del sector de las orquestas. EP
photo_camera Rolda de prensa do sector das orquestras. EP

As orquestras galegas están desexosas de recuperar as exhibicións de luz e coreografías pero ata a data ven que "pode haber un 1 ou 2% de festas feitas", algo que lles conduce a dicir que "iso non reactiva absolutamente nada".

Este é o motivo polo que o presidente da asociación que as agrupa en Galicia, Manuel Fariña, convocou este venres unha rolda de prensa nun coñecido hotel de Padrón co fin de trasladar que nin o protocolo axuda, nin os concellos "están polo labor" de cooperar.

é a visión dun colectivo que demanda unha normativa "asumible" e colaboración por parte dos consistorios locais para apoiar na "loxística" ás comisións de festas. Tamén axudas directas para o sector, que en pandemia "non foi capaz de recibir ningunha".

De 120 orquestras quedan dúas decenas en disposición de traballar, trasladou Fariña, e está aí "a posibilidade de que non quede ningunha" pois neste tempo de crise sanitaria son moitos os traballadores que tiveron que buscarse as castañas noutros empregos, moi diferentes aos que exercían antes do virus que puxo o mundo patas para arriba.

"Non podemos deixar caer a un sector" que forma parte da cultura popular dos galegos, onde a verbena está moi instaurada, clamou

Máis de 5.000 familias de xeito directo e dous milleiros "no mundo musical". Esa é a afectación, remarcou Fariña, sen entrar no apartado de indirectamente "", que é moi superior.

"Desesperante", "dous anos é imposible sobrevivir" e que o verán non está nada claro, son as ideas que Fariña puxo sobre a mesa, os pensamentos que inquietan a todos.

"Non podemos deixar caer a un sector" que forma parte da cultura popular dos galegos, onde a verbena está moi instaurada, clamou.

"Necesitamos un plan moito máis ambicioso" por parte de Xunta, deputacións e concellos. "Coa situación actual, vémonos obrigados a demandalo", resolveu. 

PROPOSTAS. Deste xeito, lanzaron unha serie de propostas e medidas: 

- Axudas directas para as empresas do sector das festas parroquiais que non puideron traballar durante a pandemia.

- Adiamento para o 31 de outubro de 2022 da xustificación da subvención concedida en 2020.

- Un protocolo anticovid para as verbenas das festas populares.

- Espazo na programación do Xacobeo 21-22, "como patrimonio galego".

- Aumento da subvención do convenio que se está negociando. 

- Unha segunda fase de axudas a traballadores do sector. 

Comentarios