Un xulgado investiga as contratacións de obras do Concello de Taboada

Axentes da Garda Civil levaron documentación contable e de xuntas de goberno

Axentes da Garda Civil entraron este venres na casa consistorial de Taboda cunha  orde de rexistro emitida polo xulgado de Chantada co  fin de recoller documentación sobre posibles contratacións de obras feitas de forma irregular polo equipo de goberno local, do PP.  

Os axentes, segundo púidose saber este luns, levaron papeis contables e actas de xuntas de goberno e de sesións plenarias.

O alcalde, Ramiro Moure, indicou descoñecer "o que buscaban", mostrándose tranquilo ao asegurar que non se cometeu irregularidade algunha.

Comentarios