Un pastor alemán mata outro can e ataca a súa dona en Ourense

O propietario do animal triplicou a taxa máxima de alcol permitida tras levar a documentación á Policía en coche
Coches de la Policía Local de Ourense. AEP
photo_camera Vehículos da Policía Local de Ourense. ARQUIVO

Unha muller de 61 anos foi atacada en Ourense por un can, de raza pastor alemán, cando trataba de protexer o seu, de menor tamaño, mentres paseaba pola cidade de Ourense. 

Segundo informou a Policía Local, a muller camiñaba pola rúa San Paio, pouco antes das doce da noite, cando un pastor alemán, que estaba solto, atacou o seu can, que morreu. A dona foi atacada cando trataba de socorrelo.

Os axentes requiriron ao propietario do animal, un home de 51 anos, a documentación logo do ocorrido. O home foina buscar e regresou en coche, presentando síntomas de embriaguez, que logo se confirmaron cunha proba de alcoholemia positiva. 

Efectivamente o dono triplicaba a taxa máxima permitida, polo que os axentes instruíron dilixencias xudiciais. O can foi posto en corentena.