O Pazo de Meirás segue á venda en Internet por 8 millóns

Un hipotético comprador tería que asumir a súa condición de BIC,  o que restrinxiría a realización de obras e a obrigación de abrilo ás visitas

Pazo de Meirás. AEP
photo_camera Pazo de Meirás. EP

A inmobiliaria cántabra Mikeli anuncia na súa páxina de Internet para a súa venda o Pazo de Meirás polo prezo de 8 millóns de euros.

A venda da residencia propiedade da familia Franco, de finais do século XIX a pesar do seu aspecto de fortaleza medieval, no municipio coruñés de Sada, anúnciase como "un inmoble singular".

"Atopámonos ante un recinto sen par, cheo de historia e detalles especiais (biblioteca, cadros, pezas arqueolóxicas, dependencias, brasóns, fontes, cruceiros, decoración, etc.) que o converten nunha oportunidade inmellorable", di o anuncio da que foi propiedade de Emilia Pardo Bazán.

Un hipotético comprador do Pazo de Meirás tería que asumir dous importantes inconvenientes que ten a propiedade. Por unha banda, a súa declaración como Ben de Interese Cultural (BIC), o que restrinxiría a realización de obras e a obrigación de abrilo ás visitas, e, por outro, a petición unánime do Parlamento de Galicia para que a residencia estival do Franco teña un uso público.

Comentarios