Pechan dous polígonos de bateas nas rías de Arousa e Muros polas toxinas

O Intecmar tamén prohibiu a extracción de zamburiña na zona I da ría de Vigo

O Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar) prohibiu este martes a extracción de mexillón en dous polígonos de bateas das rías de Arousa e Muros-Noia pola presenza de toxinas lipofílicas (diarreicas).

Concretamente, clausuraron os polígonos do Grove C4 e Muros C, co que na actualidade hai 16 zonas pechadas das 50 existentes en Galicia. 

Ademais, Intecmar pechou a extracción de zamburiña e volandeira na zona I da ría de Vigo pola toxicidade atopada en lestes moluscos bivalvos. Deste xeito, nas tres zonas da ría de Vigo está prohibida a extracción de zamburiña e volandeira, xa que as partes II e II están clausuradas desde 2010.

Comentarios