Pescanova vende a súa participación en Austral Fisheries e logra unha plusvalía de 17,9 millóns

Pescanova vendeu a súa participación na sociedade australiana Austral Fisheries á xaponesa Maruha Nichiro Seafods por 29,5 millóns de euros, unha operación que lle reportou unha plusvalía de 17,9 millóns.

Pescanova controlaba dita participación directamente (39 %) e a través da súa filial australiana Antartic Polar (11 %), informou onte á noite a firma española á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV).

A venda do 50 % da firma australiana atópase dentro da planificación realizada no proceso concursal da pesqueira galega.

Segundo esa planificación, Austral non se consideraba clave dentro do proxecto de viabilidade, polo que era un dos activos previstos para a súa venda.

O obxectivo fundamental de Pescanova, segundo a administración concursal, é a elaboración dunha proposta de convenio de acredores, polo que esta venda enmárcase dentro deses obxectivos.

Comentarios