Planas reivindica a negociación "complexa" dun acordo do Brexit que Feijóo tacha de "preocupante"

O ministro confía nos seguros agrarios como "resposta" aos danos de Filomena nos cultivos
Núñez Feijóo y Luis Planas. XUNTA DE GALICIA
photo_camera Núñez Feijóo e Luis Planas. XUNTA DE GALICIA

O ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, reivindicou este venres que a negociación do acordo do Brexit foi "complexa" e "dura", na que intentou "limitar a afectación da presenza" da flota española, e xa que logo galega, nas augas británicas.

Nunha rolda de prensa xunto ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, tras unha reunión mantida en Santiago, o ministro admitiu que o sector está "preocupado" polo seu presente e o seu futuro tras o acordo ratificado a finais de decembro, pero cualificou de moi "significativo" o feito de que se eliminaran aranceis no tráfico de mercancías entre a Unión Europea e o Reino Unido.

Con todo, Feijóo non dubidou en tachar de "preocupante" o pacto do Brexit e en resaltar a "boa negociación" realizada polos británicos: "A pesca foi a última parte do divorcio e cando se deixa algo para o final é porque unha parte ten moito interese niso".

E é que o acordo de saída da Unión Europea cede ao Reino Unido o 25 por cento das cotas de pesca, que se deben negociar en 2026, ademais da introdución no mercado comuitario dos seus produtos sen aranceis.

Feijóo non dubidou en tachar de "preocupante" o pacto do Brexit e en resaltar a "boa negociación" realizada polos británicos

Por iso, Feijóo avanzou que a Xunta buscará "coñecer a letra pequena" do acordo e prevé trasladar ao Ministerio, á Comisión e ao Parlamento europeo -para que "coñezan" que Galicia é "a primeira potencia de Europa"- dous informes relativos ao impacto que terá na actividade extractiva e nas "situacións xurídicas" que se producen no sector.

FILOMENA. O ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, mostrou este venres a súa confianza en que os seguros agrarios permitan dar "resposta" aos danos ocasionados en cultivos de diversas partes de España pola borrasca Filomena e a onda de frío.

Planas confirmou que as plantacións "máis afectadas, sen dúbida", foron as hortalizas de inverno como a leituga, a alcachofa, a coliflor e o brócoli.

A estes engadiu os danos producidos "en materia de cítricos" e "evidentemente" nos cultivos permanentes e de arbustos, nos que o peso da neve "produciu tamén fracturas".

"Os seguros agrarios están para iso, nos Orzamentos Xerais do Estado incrementamos en 40 millóns de euro a dotación de financiamento adicional ás pólizas de agricultores e gandeiros"

Neste contexto, asegurou que "a boa noticia" é que a cobertura das pólizas, que dispoñen dunha "excelente" lei de 1978, permitirá "dar resposta" ás perdas "en base ás declaracións" de dano que elaboren os propietarios.

"Os seguros agrarios están para iso, o Goberno apostou por iso e nos Orzamentos Xerais do Estado recentemente aprobados incrementamos en 40 millóns de euros, de 211 a 251 millóns, a dotación de financiamento adicional ás pólizas de agricultores e gandeiros", defendeu Planas, a quen lle consta" que as comunidades autónomas, entre elas Galicia, tamén contemplan estas axudas.

Iso si, o ministro de Agricultura recoñeceu que aínda se está "recollendo" a información, xa que en moitas "explotacións" aínda "non se puido chegar a avaliar" os danos dada a situación.

NORMALIDADE. E é que, en palabras de Planas, durante estes días "toda a atención focalizouse  fundamentalmente nas vías de comunicación" e en preservar "as vidas dos cidadáns".

"Pero eu espero e desexo que, progresivamente, como foi o caso desde o martes, váiase recuperando a normalidade",

Así mesmo, valorou a "gran tarefa" realizada por parte das administracións e a Unidade Militar de Urxencias (UME), na que tamén participou o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación a través da rede Mercas de abastecemento e nas plataformas loxísticas das grandes cadeas de distribución.

Neste ámbito, Planas asegurou que a afectación foi "mínima" en relación ao que se viviu debido ás xeadas e ás nevadas que deixa Filomena. "Pero eu espero e desexo que, progresivamente, como foi o caso desde o martes, váiase recuperando a normalidade", engadiu.

Comentarios