Poio pasará revista aos seus furanchos para evitar que se cometan infraccións

A Policía Local velará por que os 'loureiros' cumpran co horario e sirvan as tapas que se establecen na ordenanza municipal
En el municipio de Poio existen más de una decena de 'loureiros' en la actualidad
photo_camera En el municipio de Poio existen más de una decena de 'loureiros' en la actualidad

O Concello de Poio velará polo cumprimento da ordenanza municipal que regula a actividade dos furanchos. O alcalde, Luciano Sobral, anunciou onte que o Goberno municipal levará a cabo inspecciones periódicas para comprobar que os responsables dos ‘loureiros’ non incumpren o horario establecido nin ofrecen especialidades gastronómicas que se salgan das cinco propostas acordadas no seu día.

O rexedor nacionalista mantivo unha reunión cunha decena de ‘furancheiros’ da vila para transmitirlles esta decisión. Ao termo da cita, Sobral mostrou a súa confianza en que os colleiteiros se cingan á normativa. ''Comprometéronse a cumprir co regulamento'', indicou. O encontro tivo lugar poucas semanas despois de que a Asociación de Hostaleiros Poio-Mar denunciase que algúns ‘loureiros’ da vila abren durante máis horas das permitidas e ofrecen aos seus clientes tapas quentes. A este respecto, Luciano Sobral recoñeceu que ''ata ou de agora non temos constancia de que se cometesen infraccións. Coas inspeccións poderemos confirmar se todos lestes negocios cumpren coa normativa''.

Será a Policía Local a encargada de pasar revista ás instalacións. A Administración municipal exponse a posibilidade de establecer quendas extra para poder levar a cabo esta actividade, xa que o corpo de seguridade non dispón de servizo nocturno. O alcalde admitiu que ''é necesario para que se poida comprobar se efectivamente algún loureiro non pecha á hora prevista ou vende tapas que non se axustan ao establecido non regulamento''.

Sobral deixou claro que o sector hostaleiro non está en contra dos furanchos. ''Non existe oposición a esta actividade sempre e cando se respecte a legalidade'', concluíu o rexedor.

Comentarios