Polémica polo peche dalgúns mercados agroalimentarios en Galicia

Diferenza de criterios entre o Goberno e Medio Rural
vista de la plaza de pastor diaz de viveiro apenas con un puesto del mercado semanal el primer dia de apertura avalado por la xunta- foto jm alvez
photo_camera O mercado de Viveiro, con apenas un posto. JOSÉ Mª ÁLVEZ

As diferenzas de criterio entre a Xunta e a Delegación do Goberno en Galicia tamén se estenden ás tradicionais feiras de alimentación e plantas que se celebran nas vilas galegas, cuxa celebración queda no aire despois de que a administración estatal prohibise algunhas delas a última hora da tarde do mércores.

Para entón, moitos tendervos xa cargaran as súas mercancías para montar este xoves os seus postos na feira de Carballo, en cumprimento do permiso do Goberno galego, que deu luz verde o luns a estas feiras —con restricións de aforamento—, pero tiveron que quedar en casa. Non se explican por que na primeira metade da semana si puideron retomar a súa actividade en media Galicia, aínda que maioritariamente con escasa afluencia, e este xoves vetáronse algunhas por parte da Delegación do Goberno.

A decisión afecta, ademais da a feira anulada en Carballo, ás previstas en  Cee, Vimianzo, Noia, Ribeira e Padrón. Tamén en  Lalín, onde o Concello non acata a orde da administración estatal e asegura que celebrará o seu mercado, informa El Correo Gallego.

E é que a prohibición prendeu a polémica polo feito de que outras comunidades, como Cataluña, Euskadi e Valencia si permiten estas feiras. As críticas puxeron de acordo á Xunta e aos sindicatos agrarios, que cargaron con dureza contra a figura de Javier Losada, chegando a reclamar a súa dimisión.

Nun cru comunicado conxunto, o Sindicato Labrego Galego (SLG) e a Federación Rural Galega (Fruga) acúsano de prohibir "a reactivación do agro" e cualifícano de strong <>"flagrante analfabeto" respecto da "realidade galega".

Menos vehemente foi o conselleiro de Medio Rural, José González: "Non entendemos esta falta de empatía do Goberno central co sector primario e ou rural galego. Pasou primeiro coas hortas, logo cos concellos de menos de cinco mil habitantes e agora cos mercados agroalimentarios".

Mentres, os tendeiros esperan un acordo entre Xunta e Delegación do Goberno tras case dous meses sen ingresos.

O mercado de Viveiro arrinca cun só posto e clientes a contapingas
O mercado semanal da Praza Maior de Viveiro foi o primeiro que se recuperou na comarca da Mariña. Finalmente acudiu só un posto dos dous que podían participar e os clientes foron pasando a contagotas e con medidas de seguridade.

Comentarios