A Policía detén a un ourensán que tiña nove plantas de marihuana no seu domicilio

Os axentes apreciaron un forte cheiro a marihuana nas leiras do lugar de Untes

Axentes da Policía Nacional procederon á detención dun home en Ourense como presunto autor dun delito contra a saúde pública, tras descubrir nove plantas de marihuana no seu domicilio e máis nunha leira.

Foron axentes de Policía de servizo os que, este luns, apreciaron un forte cheiro a marihuana nas leiras do lugar de Untes, polo que inspeccionaron a zona, descendendo por un pequeno camiño e localizando varias plantas nunha leira.

Ante isto, investigouse a propiedade desta leira, cuxo propietario foi achado no seu domicilio. Nun almacén, os axentes atoparon nove plantas de marihuana cun sistema de rega, que o home dixo que eran para consumo propio e do seu fillo.

O detido é un home de 63 anos de idade, natural de Guipuzcoa e que carece de detencións anteriores. Foi posto en liberdade en dependencias policiais.

Comentarios