A Policía e a Garda Civil realizaron 170 propostas de sanción este domingo 

Foron 644 controis nos que se alcanzou a nbsp;3.140&persoas e a 2.159 vehículos en toda Galicia
Imagen de un vehículo de la Guardi Civil. EFE
photo_camera Imaxe dun vehículo da Garda Civil. EFE

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, informou de que o domingo se realizaron 644 dispositivos de seguridade que alcanzaron a 3.140 persoas e a 2.159 vehículos na Comunidade. A Garda Civil e a Policía Nacional sumaron 170 propostas de sanción, un 5% do total. 

En concreto, durante o domingo houbo 249 persoas identificadas por parte da Policía Nacional e 2.891 pola Garda Civil. En canto a vehículos, a Policía controlou 132, mentres que o Instituto Armado fixo o mesmo con 2.027. 

En total, entre Garda Civil e Policía Nacional realizaron 644 dispositivos de seguridade. Houbo 62 propostas de sanción da Policía e 108 da Garda Civil ao longo do día. 

Estes datos suman desde o pasado luns, día 21 de decembro, 7.702 dispositivos de seguridade que alcanzaron a 57.964 persoas e 34.061 vehículos. Acumulan entre ambos os corpos 1.950 propostas de sanción, un 3% do total.

OPERATIVOS DA AUTONÓMICA. Por outra banda, axentes da Policía Autonómica levaron a cabo do 30 de decembro ao 3 de xaneiro un total de 130 inspeccións en 41 concellos galegos, no marco do plan de actuacións específicas destinadas á prevención, inspección e control do cumprimento das medidas adoptadas polas autoridades competentes pola covid-19, nos que foron tramitadas 13 denuncias. 

Segundo informou a Xunta, ao amparo destes controis, os axentes realizaron na provincia de A Coruña, 37 dispositivos nos concellos de Boimorto, A Coruña, Melide, Outes, Pobra do Caramiñal, Ribeira e Santiago de Compostela, que tiveron como resultado 5 denuncias, 2 na Coruña e 3 en Santiago. 

Na provincia de Lugo, levaron a cabo 30 dispositivos nos concellos de Baleira, Lugo, Muras, Paradela, A Pastoriza, Pol, Sarria, Vilalba, Viveiro e Xove. Foi tramitada 1 denuncia no concello de Lugo. 

Na provincia de Ourense, levaron a cabo 47 dispositivos nos concellos de Allariz, Amoeiro, Celanova, Coles, Cualedro, Esgos, Nogueira de Ramuín, Ourense, Parada de Sil, Pereiro de Aguiar, A Peroxa, Puxín, Taboadela, Verín e Xinzo de Limia.

E, finalmente, na provincia de Pontevedra levaron a cabo 36 dispositivos nos concellos de Baiona, Bueu, Lalín, Marín, Nigrán, Poio, Pontevedra, Vigo e Vila de Cruces; e foron tramitadas un total de 7 denuncias, das cales 1 foi en Marín, 4 en Pontevedra e 2 en Vigo.

Comentarios