miércoles. 08.04.2020 |
El tiempo
miércoles. 08.04.2020
El tiempo

Pontón quere unha lexislatura que aposte pola conciliación

Ana Pontón, na súa visita a unha escola infantil en Ames. EFE
Ana Pontón, na súa visita a unha escola infantil en Ames. EFE
A líder do BNG avoga por que as escolas infantís teñan prazas para cubrir de xeito gratuíto toda a demanda de 0 a 3 anos

A portavoz nacional do BNG e candidata á presidencia da Xunta, Ana Pontón, quere que a próxima lexislatura aposte pola "conciliación" e que a educación de 0 a 3 anos sexa gratuíta para todas as familias. 

Avanzouno nunha visita realizada este mércores a unha gardería de Ames, onde dixo que se sempre foi consciente destas necesidades, agora que acaba de ser nai "aínda máis".

A nacionalista denunciou que nesta lexislatura que agora termina a Xunta "non atendeu a crecente demanda de servizos de conciliación" e se apostou "polo ámbito privado". Por iso, subliñou que os galegos teñen nas eleccións do 5 de abril a oportunidade de facer da "conciliación e corresponsabilidade eixo de acción do próximo goberno".

O BNG quere que a etapa de 0 a 3 anos estea incluída no servizo educativo, con prazas para "toda a demanda" que haxa e que sexa "gratuíta" para todos. 

O Bloque, "a forza máis á alza do panorama galego"
Ana Pontón asegurou que a súa formación é a que está "máis á alza do panorama político galego". Respondeu así a un grupo de xornalistas durante a visita á escola infantil ao ser preguntada sobre se considera que as divisións nas forzas "rupturistas" de esquerda poden beneficiar o BNG.

"Se estamos a recuperar apoio electoral e prestixio é polo bo facer da nosa organización, onde fomos capaces de poñer en marcha un proceso interno de renovación e de traballar con rigor e seriedade, recollendo toda a tradición do nacionalismo galego", subliñou a líder do BNG.

Pontón insistiu en que o elemento que pode favorecer que o BNG "dea un gran salto adiante" é que está "a facer as cousas ben, con humildade, traballo, seriedade e rigor".

Pontón quere unha lexislatura que aposte pola conciliación
Comentarios