martes. 26.10.2021 |
El tiempo
martes. 26.10.2021
El tiempo

Pontón urxe a Feijóo a deixar "de xogar ao despiste" e a concretar se acepta un encontro

Ana Pontón. KIKO DELGADO
Ana Pontón. KIKO DELGADO
A portavoz do Bloque pregunta ao presidente da Xunta se ten "algún problema" en recibila porque é muller e nacionalista

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, pediu ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que "deixe de xogar ao despiste" e de tirar "balóns fóra" para responder con claridade se acepta un encontro bilateral coa líder da oposición, unha reunión que, segundo subliña, "forma parte da normalidade democrática" pero que aínda non se produciu" a pesar de que xa transcorreron nove meses das eleccións autonómicas. 

A líder do Bloque responde así por escrito a unha carta remitida polo presidente galego con data do 8 de marzo, na que Pontón asegura que se recollen unha serie de consideracións que "suscitaron a súa sorpresa". "Sorpresa que se volve maiúscula, e dígoo sen a máis mínima ironía, cando leo que o presidente da Xunta remite á terceira forza política para fixar a súa axenda. Imaxino que o mesmo desconcerto sentiría Pablo Casado se Pedro Sánchez llle fixese esa indicación ante unha petición de reunión entre ambos", sinala Pontón en referencia á proposta de Feijóo de que os líderes do BNG e do PSdeG acorden unha data para o encontro. 

Pontón asegura que "igual de sorprendente resulta" que Feijóo "pretenda vincular unha reunión coa líder da oposición ao resultado da comisión de estudo sobre a reactivación económica, social e cultural", coma se ela mesma, portavoz do BNG, "estivese obrigada a pasar algún tipo de exame previo para un encontro que forma parte da normalidade democrática". "E aí está a hemeroteca para constatalo", subliña. 

Caballero acusa o popular de utilizar como "escusa" a comisión de reactivación para evitar o diálogo coa oposición

Así mesmo, pregúntalle ao presidente se ten "algún problema para ese encontro bilateral" con ela, unha reunión que "si mantivo no pasado con outros líderes da oposición". "Se ten algún problema porque agora a líder da oposición é muller, é feminista ou porque é nacionalista", apunta. 

Ana Pontón indica no escrito, remitido polo BNG aos medios, que son "obvias" as diferenzas políticas entre ambos pero que iso "non debe ser impedimento para que as relacións se desenvolvan desde a seriedade" á que obriga a responsabilidade que lle outorgan as urnas. 

A dirixente do Bloque sostén que é o momento de poñer "luces longas" ante unha crise sen precedentes porque a cidadanía espera diálogo, a posta en común de propostas co fin de intentar puntos de acordo a favor do país". 

PETICIÓN DO PSOE. Precisamente, este mesmo mércores, nunha rolda de prensa, o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, tamén afeou ao presidente da Xunta que utilice como "escusa" a comisión de reactivación para evitar o diálogo coa oposición e dixo ver nel unha "falta de vontade" para o acordo. 

E é que na sesión de control que acolleu a Cámara galega na xornada do martes Feijóo defendeu pospoñer a reunión cos líderes de BNG e PSdeG ata que avance e peche este órgano posto en marcha no Parlamento autonómico, co fin de non alterar un "formato" xa acordado nin "faltar ao respecto aos 49 comparecentes" que pasaron pola mesma. 

Pontón urxe a Feijóo a deixar "de xogar ao despiste" e a concretar...
comentarios
ç