Fin á historia dunha conserveira emblemática

Ofrecen pola nave de Alfageme en Bouzas menos da terceira parte do que vale

Ao non chegar ao 70% da tasación -a nave está valorada en máis de 35 millóns e medio e a única aposta ascende a pouco máis de 11-, danse 10 días ao administrador concursal para que trate de mellorar a proposta
Instalaciones en la ciudad olívica de la histórica conservera Alfageme
photo_camera Instalaciones en la ciudad olívica de la histórica conservera Alfageme

O Xulgado do Mercantil nº3 de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrou este xoves a poxa da nave de Alfageme situada en Bouzas.

O ben está valorado en 35.618.895 euros, pero á súa adquisición presentouse unha única oferta por parte de Banco Popular, Banco Pastor e Abanca, titulares dunha hipoteca que pesa sobre a nave -cada un participa na porcentaxe que lle corresponde- por un total de 11.273.546,42 euros entre as tres.

Asistiu tamén á poxa representación do Igape, quen concedeu unha hipoteca posterior, pero non presentaron oferta.
 
Ao non chegar a oferta ao 70% do valor de tasación, déronse dez días á administración concursal que coordina a liquidación para que trate de mellorar a proposta. Transcorrido este prazo, o xulgado tomará unha decisión.

 

Comentarios