Un positivo nos invernadoiros do Arneiro, en Cospeito, fixo saltar todas as alarmas. O Sergas está a realizar PCR a todos os traballadores, temporeros que residen nunha pensión de strong<> Castro de Ribeiras de Lea. Hai 40 persoas illadas, contactos estreitos do positivo, que xa están localizadas.
Precisamente, os sanitarios desprazáronse a este aloxamento de Castro de Ribeiras de Lea para realizar as probas, despois de que un dos traballadores dese positivo durante o fin de semana.
Nos invernadoiros, onde se cultivan froitos vermellos, traballan varias decenas de persoas, sobre todo estranxeiros, que son levados cada mañá en autobús ata as explotacións e residen, na súa maioría, en Castro.
O Sergas non fala polo momento de rebrote, dado que só hai un positivo confirmado, pero o modo de vida dos temporeros fai temer que poida haber máis.
En concreto, desde o Servizo Galego de Saúde aclararon que "non hai ningún brote no municipio de Castro", senón que só trátase dun caso illado". Así, afirmaron que "todos os contactos" en relación a este caso "están illados" e "baixo control" mentres se lle realizan as probas PCR.