O PPdeG abre o congreso para apontoar a súa "quinta maioría"

Paula Prado agradeceu a "confianza" depositada nela para exercer de secretaria xeral
Alfonso Rueda, este sábado durante el congreso celebrado en el Recinto Feiral de Pontevedra. GONZALO GARCÍA
photo_camera Alfonso Rueda, este sábado durante el congreso celebrado en el Recinto Feiral de Pontevedra. GONZALO GARCÍA

Pasadas as cinco e media da tarde deste sábado arrincou o 18 congreso autonómico do PPDEG, que a plana maior dos dirixentes autonómicos da formación considerou el punto de partida para "apontoar a quinta maioría absoluta" do PP nas autonómicas, esta vez con Alfonso Rueda á cabeza.

A deputada autonómica Paula Prado, a quen Rueda elixiu como número dous da organización, aproveitou a súa chegada ao congreso no recinto feiral de Pontevedra para agradecer a "confianza" depositada nela para exercer de nova secretaria xeral do PPDEG.

"Este posto necesita de toda a militancia e de todos os que formamos parte do PPDEG porque eu soa non vou poder afrontar este reto", sentenciou Prado en declaracións á prensa.

O "obxectivo final" polo que traballará como número dous do partido é conseguir "a quinta maioría absoluta" consecutiva do PPDEG nunhas eleccións galegas despois de que Alberto Núñez Feijóo conseguise as catro primeiras.

Pola súa banda, a vicepresidenta segunda do Congreso, Ana Pastor, que é a encargada de presidir a mesa do conclave, dixo que este encargo é unha "honra" porque será un congreso no que o partido demostrará que está "máis unido que nunca e máis forte que nunca".

Pastor sinalou que nestes dous días participarán no mesmo "máis de 1.500 compromisarios" que están envorcados en traballar " por Galicia e polos galegos".

Na mesma liña, a presidenta da comisión organizadora do 18 congreso do PPDEG, Elena Candia, insistiu aos medios de comunicación en que os populares sairán da cita de Pontevedra preparados para "ter uns bo resultados nas municipais de 2023", axudar a Núñez Feijóo a ser "presidente do Goberno", e "apontoar a quinta maioría en Galicia".

O Congreso arrincou coa intervención do líder do PP en Pontevedra, Rafa Domínguez, que fixo de embaixador da cidade e deu a "benvida" ao seu colegas "a unha das cidades máis bonitas non só de todo Galicia senón de todo o mundo".

Comentarios