sábado. 31.10.2020 |
El tiempo
sábado. 31.10.2020
El tiempo

Primeiro día sen mortos con covid-19 notificados en Galicia desde hai un mes

Os dous últimos falecementos rexistráronse o sábado no Hula. ARQUIVO
Os dous últimos falecementos rexistráronse o sábado no Hula. ARQUIVO
Sanidade non notificou ningún falecemento de pacientes co virus este domingo, algo que non sucedía desde o 27 de agosto

A Consellería de Sanidade non notificou ningún falecemento relacionado coa pandemia do coronavirus este domingo. Por tanto, trátase da primeira xornada desde o pasado 27 de agosto, hai xusto mes, que non se comunican novas vítimas en Galicia. 

En concreto, as autoridades sanitarias galegas non informaron de ningún deceso nin no parte diario cos datos do covid-19 nin ao longo do día. Deste xeito, a lista de mortos mantense en 729 na comunidade. 

Os últimos falecidos coñecíanse este sábado, cando Sanidade informaba de que perderan a vida dúas mulleres de 92 e 85 anos, respectivamente, no Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo (Hula). Ambas eran usuarias da residencia DomusVi de Outeiro de Rei. 

Con estas dúas vítimas, o número de mortos diagnosticados con coronavirus desde o comezo da nova normalidade ascenderon a 108. O primeiro falecemento deste período foi o dunha muller o 7 de agosto. Antes diso, a comunidade encadeara case dous meses –desde o 10 de xuño– sen decesos relacionados co coronavirus. 

Desde mediados de agosto, practicamente todos os días se daba a coñecer unha nova vítima. Con todo, desde o 27 dese mesmo mes e até este domingo 27 de setembro, cando se notificaron cero mortos, a lista de falecidos relacionados co covid-19 non deixou de aumentar.

Primeiro día sen mortos con covid-19 notificados en Galicia desde...
comentarios