PSA rescinde 100 contratos eventuais por reaxustes na produción

A dirección de PSA Peugeot Citröen confirmou este mércores ao comité de empresa a rescisión dun centenar de contratos eventuais polos reaxustes de produción, cifrados nuns 7.000 vehículos menos antes de 2012, ante a previsión dunha caída da demanda no mercado europeo.

Fontes sindicais sinalaron que xa a pasada semana os primeiros afectados por esta medida comezaron a recibir as cartas de finalización de obra para cumprir cos 15 días de prazo estipulados.

Na liña de produción 1, a encargada das furgonetas Peugeot Partner e Citröen Berlingo, deixaranse de traballar os fins de semana a partir de outubro e haberá unha xornada de parada o 9 de decembro.

Mentres, na liña 2, a que monta os monovolúmenes C4 Picasso, aplicarase un horario reducido de oito a seis horas para a denominada quenda B, onde a compañía agrupará a todos os empregados con contratos temporais, coa consecuente diminución duns 300 euros nas súas nóminas.

Con esta medida, a dirección de PSA Vigo, segundo as fontes sindicais, pretende evitar cinco días adicionais de expediente de regulación de emprego.

Comentarios