As tres caras novas da Xunta: Carmen Pomar, José González e Fabiola García

A nova titular de Política Social, aos 33 anos, convértese na conselleira máis nova

Carmen Pomar, José González y Fabiola García
photo_camera Carmen Pomar, José González e Fabiola García

A profesora da USC Carmen Pomar (Santiago, 1970) será a nova responsable de Educación. Psicóloga educativa e apaixonada da infancia e a adolescencia, segundo conta na súa web, esta docente é doutora pola Universidade de Santiago desde 1999, onde imparte clases e dirixe a Unidade de Atención Educativa en Altas Capacidades

José González (Ourense, 1970) farase cargo de Medio Rural. Vinculado ao mundo vitivinícola (é fillo do fundador da adega Casal de Armán), este ourensán era actualmente o portavoz do PP nas comisións de Medio Rural no Parlamento galego. É inspector de Facenda.

Pola súa banda, Fabiola García Martínez (Ribeira, 1985) será a conselleira máis nova. Substitúe a José Manuel Rey Varela á fronte de Política Social, unha área que coñece pois nos últimos tempos era directora xeral de Maiores nese departamento. Antes fora tenente de alcalde en Ribeira por un breve espazo de tempo e formara parte de diversos gabinete da Xunta. É licenciada en Dereito.

Comentarios