O PSOE aplaude que Feijóo "asome a patiña" e se desmarque de Casado

Ábalos sostén que o presidente galego ten "máis sentido de Estado e de partido" que o líder do PP"

José Luis Ábalos, en rueda de prensa. EMILIO NARANJO
photo_camera José Luís Ábalos, en rolda de prensa. EMILIO NARANJO

O secretario de Organización do PSOE, José Luís Ábalos, valorou hoxe que o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, "asome un pouco a patiña" e se desmarque da postura do líder do PP, Pablo Casado, máis proclive a negociar as propostas de Vox para gobernar en Andalucía.

Nunha entrevista en Onda Cero, o tamén ministro de Fomento precisou que, na súa opinión, Feijóo ten "máis sentido de Estado e de partido" que o líder do PP.

Sobre os posibles pactos entre PP, Cuidadanos e Vox para un acordo de investidura en Andalucía, Ábalos esixiu ao PP que explique que principios comparte con Vox porque "o que caracteriza a un partido son os seus principios".

Abalos considerou que o PP está inmerso nunha "situación dramática" ao deixar de ser unha opción hexemónica do centro dereita aínda que confiou en que os populares non caian "en tal nivel de desesperación que fagan perigar as conquistas democráticas deste país".

Respecto de Ciudadanos, o ministro recoñeceu que a formación laranxa aínda non se botou en brazos de Vox "pero ten moitísimas ganas de comprarlles algo e por iso ven" e, nese escenario, precisou que "Vox déixase querer".

E a Vox cualificouno como "un partido nostálxico, que nunca se enfrontará ao franquismo".

En relación ao conflito catalán, Ábalos insistiu en que o presidente da Generalitat, Quim Torra, ten declaracións "moi iluminadas" e afirmou que "con outra persoa en Cataluña a cousa sería distinta. Fai falta un liderado algo".

Ábalos engadiu que incluso o deputado de ERC Gabriel Rufián recoñeceu "que Torra non manda".

O ministro pediu para Cataluña "un liderado claro que teña unha folla de ruta, altura de miras e a responsabilidade que require o momento".

Comentarios