viernes. 14.05.2021 |
El tiempo
viernes. 14.05.2021
El tiempo

QBE amplía en 5,25 millóns o depósito xudicial polo descarrilamento

QBE Insurance (Europe) Limited, sucursal en España, aseguradora de responsabilidade civil de Renfe Operador, depositou hoxe no Xulgado de Instrución número 3 de Santiago de Compostela unha segunda consignación de 5,25 millóns de euros.

O obxecto é contribuír "ao pago das necesidades económicas" dos prexudicados polo accidente ferroviario ocorrido en Santiago o pasado 24 de xullo.

Esta cantidade súmase agora aos 2,75 millóns de euros que xa se puxeron a disposición dos afectados o 1 de agosto de 2013 no xulgado de Compostela, para contribuír ao pago das necesidades económicas inmediatas dos prexudicados polo accidente.

Con esta nova disposición a cifra achegada por QBE ascende a 8 millóns de euros.

Nun comunicado a aseguradora recorda que a súa aceptación por parte dos prexudicados, "non supón" a renuncia ao exercicio das accións penais ou civís que estes estimen "conveniente exercitar".

A aseguradora QBE tamén fai constar "expresamente" que o pago desta cantidade non supón o recoñecemento de responsabilidade pola súa banda ou dos seus asegurados, xa que reitera que esta responsabilidade deberá ser determinada polo órgano xudicial competente no momento procesual oportuno.

Esta segunda consignación de 5,25 millóns de euros ten como obxecto seguir contribuíndo a satisfacer as necesidades económicas que se xeraron para os prexudicados durante a instrución.

A cantidade ofrecida correspóndese aproximadamente co 50% da valoración da posible indemnización que lles puidese corresponder, en atención ás circunstancias persoais e individuais dos prexudicados, a natureza e o alcance das lesións, os distintos gastos xerados polo accidente e de conformidade cos criterios de valoración do dano común.

Neste sentido, QBE indica que as cantidades que puxo a disposición das afectados foron 25.000 euros por pasaxeiro para casos de falecemento, 5.000 euros para os pasaxeiros cun período de hospitalización superior a oito días, 1.500 euros para pasaxeiros hospitalizados menos de oito días, 1.000 euros para pasaxeiros lesionados que non precisen ingreso hospitalario e 1.000 euros para pasaxeiros que só sufran danos materiais.

Respecto diso a aseguradora recorda que os anticipos son independentes das cantidades percibidas polo Seguro Obrigatorio de Viaxeiros (SOVI) que actúa de forma automática e cobre unhas cantidades e conceptos fixados de antemán.

QBE amplía en 5,25 millóns o depósito xudicial polo descarrilamento
comentarios
ç