jueves. 17.06.2021 |
El tiempo
jueves. 17.06.2021
El tiempo

Quintana quere un Estatuto ''de máximos''

Anxo Quintana exigirá para Galicia ''un Estatuto de nación'' (AGN)
Anxo Quintana exigirá para Galicia ''un Estatuto de nación'' (AGN)

O portavoz nacional do BNG, Anxo Quintana, emprazou hoxe ao PSDEG, o seu socio de Goberno na Xunta, ao PPdeG e ''ás forzas políticas estatais'', a que lle digan aos galegos'' que Estatuto queren para Galicia.

Durante o Consello Nacional do BNG, celebrado este sábado en Santiafgo, o líder nacionalista advertiu que o BNG ''volverá pór sobre a mesa o debate sobre o Estatuto'' na campaña das eleccións autonómicas de 2009, porque queren aínda ''máis cambio''.

Máis cambio
O líder nacionalista apostou no seo deste acto por ''novos marcos lexislativos, xurídicos e políticos'' para ''consolidar unha nova posición de Galicia como nación''. E apelou a un novo Estatuto. Ao seu xuízo, ''o nacionalismo vive o mellor momento político da súa historia'', pero ''o BNG quere máis cambio''.

Así, invitou ''a todas as forzas políticas'' a falar ''con claridade'' para que os cidadáns galegos saiban ''que pensan do novo Estatuto'', para o que non lle valen definicións como ''uns Estatutos para todos, un Estatuto moi bo ou un Estatuto de primeira división''.

Estatuto '' de máximos''
Anxo Quintana marcou o territorio que establecerá o BNG neste asunto: ''un Estatuto de nación'', asegurou. Tamén reclamou un ''Estatuto cun ámbito competencial de máximos'' e un ''modelo de financiamento que permita exercer as competencias con seguridade''.

''Que pensan vos demais?'', volveu lanzar a pregunta Quintana a PPdeG e PSdeG, concluíndo que ''os cidadáns galegos teñen dereicho a saber se as forzas políticas estatais están de acordo'' co seu proxecto estatutario.

Concurso eólico transparente
O vicepresidente da Xunta fixo repaso polas tarefas de Goberno exercidas desde o nacionalismo do BNG. Asegurou que cumpriran as súas promesas de levar a cabo ''un cambio transformador para que Galicia fose respectada''.

Por iso, engadiu, estráñase do ''alboroto'' xurdido en relación ao concurso eólico, sobre todo despois, dixo, de que nos 16 anos de Goberno do PPdeG se repartiron 4.000 MW ''a dedo a tres ou catro empresas que nin sequera teñen o domicilio social en Galicia''.

Asegurou Quintana que agora se reparten 2.000 MW a través dun concurso público e ''transparente'', que impón dúas condicións: ''Quen queira explotar a enerxía eólica terá que achegar unha parte dos beneficios ao erario público e terá que pór en marcha complexos industriais que xeren riqueza e emprego no noso país''.

Compromisos
No entanto, o líder nacionalista quixo ver a orixe da polémica no feito de que ''por primeira vez na historia do país unha decisión económica importante tómase, con acertos ou erros, desde o ámbito das institucións públicas democráticas'', e non ''desde determinados ámbitos mediáticos ou no consello de administración dalgunha empresa''.

Coa conciencia tranquila, o BNG, anunciou, volverá saír á rúa a pedir o voto aos galegos, tal e como fixo en marzo de 2008. ''Fomos capaces de cumprir os compromisos e pediremos máis'', sentenciou.

Quintana quere un Estatuto ''de máximos''
comentarios
ç