Angela Tyukodi: "O neno está contento e feliz"

A nai de Adam xa goza do seu neno en Monforte, de onde o levou o seu ex a Rabat hai catro anos sen mediar palabra
Angela Tyukodi y su hijo Adam
photo_camera Angela Tyukodi y su hijo Adam

"Eu vexo ao neno moi contento e feliz, xoga, non o vexo enfadado nin triste, eu véxoo moi ben". Estas son as palabras, recollidas pola Radio Galega, de Angela Tyukodi, cuxo calvario chegou ao seu fin hai uns días. Foi cando por fin puido completar a repatriación do seu fillo Adam, de cinco anos e ao que a súa exparella levou sen mediar palabra da casa de Monforte na que vivían para o seu Marrocos natal en 2012.

A nai, que en 2013 conseguiu unha sentenza que lle outorgaba a custodia, librou desde entón unha longa batalla que só agora chegou a bo porto. A finais de maio recibiu unha chamada da embaixada española en Rabat para que se presentase alí para recoller ao seu fillo, que viviu durante este tempo nas inmediacións da capital marroquí.

A repatriación materializouse en virtude do Convenio da Haia ante casos de subtracción de menores. Xa en Rabat, a Angela, de orixe romanesa, acompañárona varios policías ata a casa na que vívia o seu ex co seu fillo, que lle foi arrebatado cando apenas tiña 18 meses.

O reencontro puxo fin a anos de loita nos que Tyukodi só puido falar con Adam dúas veces por videoconferencia. Agora o pequeno xa está en Monforte e, aínda que só fala árabe, a súa nai non cabe en si de gozo.

Nueva capa...

Comentarios