Recuperan o corpo da muller que se precipitou ao mar en Mera

A última hora desta tarde, o dispositivo de emerxencia despregado esta mañá en Oleiros recuperaban o corpo da muller que fora visto flotando nos cantiis de Seixo Branco.

Os restos mortais pertencen a unha muller duns corenta anos que rexentaba un negocio en Sada. De feito, a voz de alarma da súa desaparición dábase cando persoas próximas á falecida alertaban de que non acudira ao seu posto de traballo. Pouco despois o seu coche era localizado na contorna de Seixo Branco. O seu corpo achábase encaixado nunha cova a 25 metros de profundidade, o que dificultou as tarefas de bombeiros e membros de Salvamento Marítimo.

Comentarios