jueves. 19.05.2022 |
El tiempo
jueves. 19.05.2022
El tiempo

Renfe comprométese a que os trens Avril funcionen este verán en Galicia

Valentín González Formoso e Isaías Táboas. EFE
Valentín González Formoso e Isaías Táboas. EFE
A súa posta en marcha reducirá o tempo de conexión con Madrid das principais cidades galegas

O presidente de Renfe, Isaías Táboas, comprometeuse a que os trens Avril estean en funcionamento este verán, tras unha reunión co presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso que, á súa vez, destacou as "oportunidades" que traerá a extensión da alta velocidade ferroviaria ás vilas e cidades galegas. 

Tras a reunión mantida esta tarde no despacho da institución provincial, González Formoso trasladou o compromiso do ente estatal de que os sete trens Avril xa estarán en funcionamento este verán, reducindo o tempo de conexión con Madrid das principais cidades galegas. Trátase de trens de alta velocidade de Talgo que poden circular a 300 quilómetros por hora e teñen capacidade para transportar a 600 viaxeiros.  A súa posta en funcionamento reducirá os tempos de conexión do Ave entre a capital de España e as principais urbes da comunidade autónoma. 

Con motivo do encontro, o presidente da institución provincial trasladoulle a Táboas as necesidades e demandas de diferentes plataformas que están a esixir, coa chegada do Ave, que se fagan axustes dalgunhas conexións no sistema ferroviario galego de media distancia.  Respecto diso, chamou a "buscar un equilibrio" entre a chegada da alta velocidade e as realidades que persisten a día de hoxe para que "conexións como poden ser A Coruña-Ferrol teñan unha vida distinta" e sexan "adecuadas ás necesidades do século XXI". 

Renfe comprométese a que os trens Avril funcionen este verán en...
comentarios