Rescatan o corpo dunha muller do río Miño

O cadáver foi localizado nas augas de Salvaterra do Miño, despois de que varias testemuñas alertasen da súa presenza
Trabajos de búsqueda del cuerpo. TVG
photo_camera Traballos de procura do corpo. TVG

O corpo dunha muller foi localizado e recuperado na tarde deste mércores no río Miño, no termo municipal de Salvaterra do Miño, despois de que varios particulares alertasen da presenza do mesmo.

Medios españois e portugueses afanáronse na procura, participando no dispositivo a Policía, a Garda Civil, Protección Civil e os bombeiros. O cadáver foi achado finalmente a poucos metros de lugar sinalado polas testemuñas e foi rescatado polos mergulladores de Monçao. O corpo pertencía a unha muller de nacionalidade brasileira da que se alertou da súa desaparición.