As residencias galegas elevan a 267 as persoas afectadas

O dato medrou un 8,9% desde o mediodía á noite do sábado
Una residencia de mayores. PEPE FERRÍN (AGN)
photo_camera Una residencia de mayores. PEPE FERRÍN (AGN)

Os casos positivos en Galicia aumentaron no últimas sete horas até os 267 afectados, un 8,9% máis que ás 15.00 horas, 207 persoas maiores e 60 traballadores.

Así o confirmou a Consellería de Política Social este sábado ás 21.00 horas, no último boletín oficial do día. Desta maneira, nas últimas horas contabilizáronse 22 casos máis, 17 deles en residentes e 5 en empregados.

Os novos casos apareceron na residencia El Portazgo da Coruña que a esta hora conta con 19 casos activos (+9), na de Nuestra Señora de La Esperanza en San Rosendo que suma 11 diagnósticos (+6), na Concepción Arenal da Coruña que crece até os 4 (+2) e un novo na Residencia As Fragas de Pontedeume.

O resto de residencias manteñen os datos deste mediodía: DomusVi Barreiro de Vigo encabeza a lista con 74 casos e séguelle Celanova (45), DomusVi Santiago (22), Nuestra Señora de Fátima en O Barco de Valdoerras (10), Divino Maestro en San Rosendo (3), DomusVi Cangas (6), Fogar Bellolar (3) e a de Castro Caldelas (2).

A todos eles súmanse os casos individuais que se rexistraron na Residencia de Arteixo, Nosa Señora do Carme en Fisterra, Residencia Betania en Viveiro, A nosa Señora da Asunción de Caldas de Reis, Fundación José Otero de Santiago, DomusVi de Monforte de Lemos e o Centro Residencial de Atención a Persoas Dependentes (Crapd) de Vigo.

12 FALECIDOS EN RESIDENCIAS

Ademais destas cifras, confirmouse que as mortes de dúas persoas que faleceron en Galicia ao longo do día de hoxe procedía unha delas de El Portazgo (onde xa morreron tres acodes en total) e outra de Fogar Bellolar da Coruña (que suma dúas vítimas mortais).

No conxunto da Comunidade xa morreron 12 persoas procedentes de residencias de anciáns. As outras dez faleceron en DomusVi Santiago (3), Castro Caldelas (1), Celanova (1), DomusVi Barreiro (1) e DomusVi Carballo (1).

TRABALLADORES INFECTADOS

Os empregados destas instalacións tamén son os grandes afectados desta pandemia, que durante o día de hoxe sumou cinco casos máis e sitúase con 60 empregados enfermos.

Os últimos diagnósticos positivos apareceron todos eles el El Portazgo. O cinco desta tarde súmanse ao que xa había e sitúao con seis casos.

No resto existen 18 casos en Celanova, once na DomusVi San Lázaro, outros tantos na DomusVi Barreiro, catro en Nuestra Señora da Esperanza, dous en Cangas, dúas en San Pedro (Crecente), un en San José (Ourense), un en Bellolar, un en Remanso Claudina-Somoza (A Coruña), un en San Simón (Teo), un en CRAPD Vigo e outro na de Foz.

PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Nos Centros de Atención para Persoas con Discapacidade os casos confirmados por Política Social aumentan até nove afectados (+1) en Aspronga (1), Redondela (5), Aixiña (1) e Santa Cruz de Rosendo (1) e en Residencia Dano Cerebral Cruz Vermella de Castro de Rei (1).

Ao mesmo tempo, a cifra de traballadores que padecen o virus mantense en sete: catro de Redondela, un da Vivenda Tutelada Ágora, de Monforte de Lemos e outro na de Santiago e un novo no CAPD de Sarria. 

Comentarios