martes. 09.03.2021 |
El tiempo
martes. 09.03.2021
El tiempo

As residencias de Galicia rexistran 53 novos positivos

Un novo brote en Bande deixa 12 contaxios ► O tatal de usuarios afectados sobe a 422

O número de usuarios de residencias de Galicia diagnosticados de covid-19 experimenta un repunte despois de rexistrarse 53 novos positivos, 12 deles nun brote en Bande (Ourense), que elevan a 422 o total de residentes con enfermidade activa, 36 máis que hai 24 horas.

Así figura no último balance ofrecido polas autoridades sanitarias este xoves, no que se contabilizan 53 novos casos que afectan a unha ducia de residencias.

Deste xeito, Política Social informa de tres novos brotes que afectan a centros residenciais de maiores. O máis grande, polo momento, é o da residencia de Bande, que notifica 12 infectados; seguida por O Casón de Moeche, con 6 positivos; e Asunción de Caldas de Reis, que informa de 5 casos entre as súas residencias.

Ademais, a residencia de Santa María de Verín notifica outros 8 casos e a Virxe da Clamadoira de Verín, 4 novos positivos. Así mesmo, tres residencias informan de dous novos casos entre os seus usarios: Residencia e Apartamentos de Arzúa, San José de Ourense e Vivenda comunitaria de Vilar de Santos. Por último, o centro MiCasa de Ferrol e a Stella Maris de Nigrán informan dun novo positivo cada unha.

A estes casos que se incorporan ao cómputo hai que restar un total de 11 usuarios de residencias que deixan de figurar como casos activos por negativizar. Seis deles son residentes na de Ribeira, catro fano na Pastoriza e os dous restantes na Saleta de San Cristovo.

A iso hai que engadir o cinco falecementos relacionados con xeriátricos notificados na noite do mércores polas autoridades sanitarias que eran residentes na Pastoriza, Paz y Ben de Tui, Santa María de Verín e DomusVi Vimianzo.

Con estas variacións, a DomusVi Ribeira continúa como a residencia con máis casos activos entre os maiores, cun total de 64. Seguen a esta a residencia Paz e Ben de Tui ˜intervida pola Xunta a semana pasada--, con 60 casos activos; a DomusVi Carballo, con 42, e a DomusVi Vimianzo, con 39.

Tamén contan con grandes grupos de usuarios contaxiados o Fogar Santa María de Verín, con 36; a residencia Quercus de Leiro, con 27; a San José de Arzúa, con 21; e a da Pastoriza, con 20.

A residencia San Bartolomeu de Xove ten 16 casos, A miña Casa de Pazos de Borbén contabiliza 15, a Santa Teresa de Jornet 13, mesmo número que ten a residencia de Bande. A residencia de Vilardevós conta con nove casos, a Virxe da Clamadoira de Muíños con oito e o Hospital Asilo San Sebastián e San Lázaro de Ribadeo ten sete.

Con cinco contaxiados está a Asunción de Caldas de Reis, catro ten a residencia As Angélicas de Vigo e tres a vivenda comunitaria de Vilar de Santos. Así mesmo, dous casos a residencia de Burela, San José de Ourense, Stella Maris de Nigrán, a Campolongo de Pontevedra e a Modelo de Vigo. Cun único caso, están a Ballesol da Coruña, a DomusVi de San Lárazo, MiCasa de Ferrol e A nosa Señora de los Dolores de Forcarei.

TRABALLADORES INFECTADOS

En canto aos traballadores das residencias galegas, o cómputo global experimenta tamén un ascenso nos datos deste martes até colocarse nos 212, dez máis que na xornada anterior.

Isto débese a que nas últimas horas detectáronse 17 novos positivos: tres na DomusVi de Carballo, dúas na DomusVi de Chantada, dúas na de Bande, outros dous na Quercus de Leiro, dúas na San José de Ourense e un noutro sete centros distintos –DomusVi Oleiros, DomusVi Laraxe de Cabanas, Vilar de Santos, Santa Teresa da Cañiza, Stella Maris de Nigrán e Paz e Ben de Tui–.

Por contra, retíranse do cómputo por negativizar nas probas outro sete traballadores dos seguintes centros: residencia e apartamentos de Arzúa (2), DomusVi Vimianzo (1), San Bartolomeu de Xove (2), Asunción de Caldas (1) e DomusVi Barreiro (1).

Segundo a última actualización da Xunta, o cadro máis afectado pola pandemia segue sendo a da residencia Paz e Ben de Tui, con 30 positivos; seguida da da Pastoriza, con 23; DomusVi Ribeira, con 21; DomusVi de Carballo, con 13; DomusVi Vimianzo, con 12; e a San Bartolomeu de Xove, con 10, mesmo número de empregados contaxiados que ten o Fogar Santa Margarita de Verín.

O resto de centros que figuran na listaxe ten menos dunha decena de casos entre os traballadores.

CENTROS DE DISCAPACIDADE

Nos centros de atención á discapacidade (CAPD) de Galicia, detectáronse cinco novos casos nos dous centros máis afectados: o Pai Menni de Betanzos (41) e A nosa Señora de Fátima e Cristo Rei de Crecente (29). Ademais, tamén hai casos de covid-19 na residencia de Bergondo e na DomusVi de Bóveda.

Os traballadores de centros de discapacidade contaxiados ascenden a 29 após rexistrarse dous casos na Pai Menni de Betanzos –que ten 14 empregados positivos–, e catro en en a Nosa Señora Fátima e Cristo –seis en total–.

A Aspace de Sada mantense con dous casos no seu cadro, hai tres na residencia de Bergondo e un no CAPD da Coruña, a Casa Lamastelle de Oleiros, a DomusVi Bóveda e a RPD Aseme de Chantada. 

As residencias de Galicia rexistran 53 novos positivos
comentarios
ç