As residencias de maiores suman 134 infectados, 106 usuarios e 28 traballadores

A Ume realizou labores de desinfección en Carballo e en Oleiros
Usuarios de la residencia San Carlos de Celanova, asomados por la ventana. BRAIS LORENZO
photo_camera Usuarios de la residencia San Carlos de Celanova, asomados por la ventana. BRAIS LORENZO

Os casos positivos de coronavirus en residencias para a terceira idade en Galicia crecen até os 134 diagnósticos, 106 usuarios e 28 traballadores en total.

Así, desde o último boletín oficial da Consellería de Política Social (das 15,00 horas) sumáronse a esta lista 14 persoas maiores afectadas e outros dous traballadores.

Os novos casos apareceron: na Residencia Concepción Arenal da Coruña, que rexistra dúas en total; en Fogar Bellolar da Coruña que suma 4 ; na DomusVi San Lázaro de Santiago, que eleva a 24 os infectados; en Nuestra Señora da Esperanza, en San Rosendo en Ourense con 5 pacientes e en Divino Mestre, San Rosendo, en Ourense cun caso.

Á súa vez, a Consellería informou da morte de cinco persoas maiores que padecían esta enfermidade vírica, unha delas da Residencia San Carlos de Celanova (Ourense); outra da Fogar Bellolar (A Coruña); outra en DomusVi San Lázaro de Santiago; unha máis en DomusVi Barreiro de Vigo e a última en Carballo, a única que había ingresada nese centro.

De feito, durante esta xornada a UME realizou labores de desinfección nas instalacións desta residencia DomusVi de Carballo e tamén na Oleiros.

O resto de residencia presentan os seguintes datos: 34 usuarios afectados na DomusVi de Vigo, 12 no Portazgo (Coruña), 12 en San Carlos de Celanova, 4 en Cangas, 3 na nosa Señora de Fátima no Barco de Valdeorras, unha en Fogar Nosa Señora do Carmen en Fisterra, outra en Betania (Viveiro), outra en Castro Caldelas, outra na nosa Señora da Asunción en Caldas e outra na nosa Señora de Valvanera de Cambados.

TRABALLADORES

Por outra banda, tamén aumenta en número de afectados de persoal traballador. Son un total de 16 empregados os que foron diagnosticados na residencia de Celanova, dúas máis que o mércores.

Igualmente, persoal da DomusVi de Barreiro (6), de Nuestra Señora da Esperanza de Ourense (3), da DomusVi San Lázaro (1), de Fogar Bellolar (1) e de San Simón en Teo (1) rexistran contaxiados.

En canto aos Centros de Atención para Persoas con Discapacidade (CAPD), estes tamén empezan a contabilizar os casos positivos en Aspronga, Redondela, Aixiña e Santa Cruz de Rosendo. Un total de 7 afectados, á vez que tamén o están 6 traballadores, 4 de Redondela, un da Vivenda Tutelada Ágora, de Monforte de Lemos e outro na de Santiago. 

Comentarios