Rexistrado un tremor de magnitude 3,3 fronte á costa do noroeste de Galicia

Localización del seísmo. IGN
photo_camera Localización do epicentro do sismo. IGN

Un tremor de magnitude 3,3 sacudiu na madrugada do venres ao sábado a costa do noroeste de Galicia. O epicentro situouse no mar, ao norte da costa de Laxe

Atendendo aos datos do sitio web do Instituto Xeográfico Nacional, o sismo rexistrouse ás dúas da madrugada, a unha profundidade de 15 quilómetros e a unha distancia duns 45 quilómetros do punto máis próximo en terra. 

O xoves os municipios ourensáns de San Cibrao das Viñas e Barbadás rexistraron tamén de madrugada senllos terremotos dunha intensidade de 2,4.

Comentarios