Sábado de terremotos en Galicia, cun total de catro. Tres deles tiveron lugar na provincia de Lugo e o outro en Santiago de Compostela.
O primeiro dos sismos rexistrouse na capital galega ás 03.10 horas, cunha magnitude de 2,2 graos na escala mbLg.
Triacastela, municipio lucense situado en pleno triángulo sísmico, rexistrou outros dous movementos de terra. O primeiro, de 2,5 graos, foi ás 11.34 horas. Doce horas máis tarde, a iso das 23.35 da noite do sábado ao domingo, houbo outro de 2,2 graos.
O máis forte dos sismos tivo como epicentro O Corgo. Foi de 3,1 graos na escala mbLg, que substitúe á de Richter, e produciuse ás 23.30 horas da noite.