Ribadavia presenta en Lugo a súa Feira do Viño do Ribeiro

Los alcaldes de Ribadavia (izquierda) y Lugo brindan con un ribeiro (Foto: EFE / ELISEO TRIGO)
photo_camera Los alcaldes de Ribadavia (izquierda) y Lugo brindan con un ribeiro (Foto: EFE / ELISEO TRIGO)

O Concello de Ribadavia e o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro presentaron este luns na casa consistorial de Lugo a edición número 51 da Feira do Viño do Ribeiro, declarada de Interese Turístico Galego, que se celebrará nesa localidade ourensá entre os días 2, 3 e 4 de maio.

Na presentación participaron, entre outros, os alcaldes de Ribadavia e Lugo, Marcos Blanco e José López Orozco; o presidente do Consello Regulador, Miguel Ángel Viso; e o presidente da Deputación Provincial de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro.

O alcalde de Lugo explicou que a presentación da Feira do Viño do Ribeiro na capital lucense responde o acordo ao que chegaron ambos os concellos, de forma que Ribadavia tamén acollerá a presentación do Arde Lucus, a festa romana de Interese Turístico galego que evoca o pasado da cidade da muralla.

Durante a presentación da feira, que será inaugurada o día 2 de maio polo pregón do presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, o alcalde de Ribadavia recordou que "Lugo é a cidade máis antiga de Galicia" e a do Ribeiro "unha das denominacións de orixe máis antigas de España".

Fixo referencia tamén á lema promocional da Asociación Provincial de Hostaleiros de Lugo, "E para comer... Lugo", para expresar o seu desexo de que "o mellor viño branco de Galicia" comparta "mesa e mantel coa alta gastronomía lucense", porque "O Ribeiro é sinónimo de calidade e imaxe".

Así mesmo, recordou que o "enoturismo é fundamental" no caso de Ourense para "situarse" cunha "oferta turística diferenciadora", dado que as denominacións de orixe son "un auténtico diamante en bruto", que aínda "están por explotar".

Nesa presentación, o presidente da Deputación de Lugo destacou "o importante que é compartir", porque aí reside "o éxito dos grandes proxectos" e as provincias da "Galicia interior" teñen "moitas cousas que compartir".

Comentarios