Rosario Porto pon á venda o chalé familiar de Montouto e dous pisos

A nai de Asunta Basterra, que cumpre condena en Teixeiro polo asasinato desta, trata así de obter ingresos
Chalé de Teo
photo_camera Chalé de Teo

Rosario Porto, que cumpre condena en Teixeiro polo asasinato da súa filla Asunta, decidiu pór á venda algunha das súas propiedades inmobiliarias para obter ingresos. Trátase do chalé de Montouto, en Teo, dun apartamento de verán en Vilanova de Arousa e do piso de Montero Ríos, en Santiago.

Segundo publica este luns El Correo Galego na súa edición impresa, o chalé de Montouto –onde asasinaron á nena en setembro de 2013, según a sentenza– podería terse apalabrado por uns 500.000 euros, pouco máis da metade do prezo que pedía polo inmoble antes do suceso.

O chalé mide 400 metros cadrados e ten cinco habitacións, cinco baños e catro salóns. No solar hai ademais cancha de tenis, hórreo, xardín, piscina e adega.

O apartamento situado nas Sinas, en Vilanova de Arousa, sairía á venda por entre 150.000 e 170.000, segundo as fontes consultadas polo diario compostelán. O prezo do piso da rúa Montero Ríos rolda os 200.000 euros. Ao parecer recibíronse dúas ofertas por este inmoble, aínda que ambas moi por baixo deste prezo.

Comentarios