Sábado de transición en Galicia

As temperaturas quedarán sen cambios ou con lixeiros ascensos

O sábado Galicia quedará nunha zona de transición entre as altas presións en Centroeuropa e a borrasca situada no Atlántico que enviará unha fronte na madrugada do domingo.

Así, comezaremos o día cos ceos despexados e co avance da xornada irán entrando nubes de tipo medio e alto. As temperaturas quedarán sen cambios ou con lixeiros ascensos.

O vento soprará de compoñente sur, aumentando en intensidade durante o día, sendo xa forte pola noite no litoral atlántico e zonas altas.

Meteogalicia

Comentarios