Sanidade avanza o peche de entre o 15 e 20% das camas nos hospitais públicos este verán

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, prefire falar de "planificación da actividade" en función das vacacións do persoal e non de peches
El conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña
photo_camera El conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña

Entre o 15 e o 20% das camas que suman os hospitais públicos da comunidade carecerán de "persoal asignado" para a atención a pacientes este verán, o que significa que estarán pechadas. Avanzouno este domingo o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, para destacar que, en todo caso, estarán "listas" para ser utilizadas se xorde a necesidade.

O titular do departamento da Xunta prefire falar de "planificación da actividade" en función das vacacións do persoal e non de peches. Nunha entrevista este domingo na Cadea Ser, asegurou que este ano haberá máis actividade en áreas sanitarias como as de Santiago ou Vigo para rebaixar as cifras de pacientes en lista de espera.

Preguntado pola investigación xudicial relacionada coa subministración de fármacos contra a hepatite C tras o falecemento de seis enfermos, Almuíña saíu en defensa dos dous altos cargos do Sergas imputados, a director da área sanitaria de Vigo e exresponsable de Asistencia Sanitaria, Félix Rubial, e a subdirectora de Farmacia, Carolina González Criado. O titular de Sanidade considera que "traballaron a un alto nivel de responsabilidade e eficiencia", aínda que evita pór a man no lume e recoñece que lle sorprendeu a apertura da investigación.

OPOSICIÓNS. Pendente de sacar a concurso 1.600 prazas para persoal sanitario unha vez que se aproben os orzamentos do Estado, a Xunta aspira a convocar oposicións de forma periódica, todos os anos se fose posible, aínda que sen comprometerse a manter o volume de prazas.

Comentarios