Sanidade avisa de que a lei galega que permite multar por non vacinarse pode limitar dereitos

Pide "prudencia" á espera de determinar se un Parlamento autonómico pode regular a materia
Un sanitario vacuna a un paciente. EFE
photo_camera Un sanitario vacina un paciente. EFE

A ministra de Sanidade, Carolina Darias, sinalou este mércores que a norma galega que abre a porta a nbsp;impor&multas en caso dunha "negativa inxustificada" a vacinarse —se establece que facelo é obrigatorio— "podería supor unha limitación dos dereitos fundamentais". Con todo, pediu "prudencia" á espera dos informes xurídicos. 

Na rolda de prensa posterior ao Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde, a ministra subliñou que "está por dilucidar" se o contido da norma é materia de lei orgánica ou ordinaria. De afectar a un dereito fundamental sería materia de lei orgánica e non podería ser regulado por un Parlamento autonómico

Darias explicou que o Goberno esperará a que os informes xurídicos "arroxen luz" respecto diso e, obviamente, a que a Xunta publique a reforma da Lei de Saúde Pública galega, aprobada este martes no Parlamento. 

A titular de Sanidade recordou que no Goberno de España hai unha canle establecida en relación coas disposicións normativas que aproban as comunidades autónomas e un órgano creado no seo do Ministerio de Política Territorial e de Función Pública, que se reúne con carácter periódico. 

"Máis aló do que decida esta comisión e os informes xurídicos", a titular de Sanidade puxo o acento no contido da norma e en se é materia de lei orgánica ou ordinaria para saber que fará o Goberno de España. 

Comentarios