A Consellería de Sanidade non notificou ningún falecemento de persoas diagnosticadas con covid-19 este domingo, segunda xornada da semana en que isto ocorre.
Deste xeito, a cifra de mortos na comunidade galega desde o inicio da pandemia mantense en 2.618. O último día que Sanidade notificou vítimas foi este sábado, un total de catro rexistradas ao longo da xornada do venres.