Sanidade notifica a morte de cinco persoas con cororavirus en Galicia 

Todos eles tiñan patoloxías previas
Hospital Álvaro Cunqueiro. ADP
photo_camera Hospital Álvaro Cunqueiro. ADP

A Consellería de Sanidade comunicou este xoves a morte de cinco persoas con coronavirus en Galicia. De tal forma, o total de falecidos elévase a 2.289 desde o comezo da pandemia. 

O Sergas informou os decesos de dúas mulleres este mércores: unha paciente do Chuf de 77 anos e unha ingresada no Chuvi de 88.

Ademais, este xoves morreron un home de 87 anos no Chuf, un home de 79 no Chuac e un ingresado no Chuvi de 86 anos.

Segundo indica Sanidade, todos eles tiñan patoloxías previas.

Comentarios