sábado. 31.07.2021 |
El tiempo
sábado. 31.07.2021
El tiempo

Sanidade cubrirá os "ocos" na campaña de vacinación con maiores de 18 que o pidan

Vacunación en el Recinto Feiral. DAVID FREIRE
Unha muller recibe unha vacina contra o covid no Recinto Feiral. DAVID FREIRE
Combinarase o actual sistema por SMS coa petición de citas voluntarias ►Comesaña engadiu que "moi pronto" deixarase de usar a máscara en exteriores

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, anunciou que a previsión do Servizo Galego de Saúde (Sergas) é empezar a vacinar contra o covid-19 ás persoas menores de 40 anos a principios de xullo, aínda que continuará cos maiores desa idade de xeito simultáneo ata finais de mes.

Nun encontro virtual organizado pola Asociación de Xornalistas de Galicia (APG), apuntou que para esa data, en concreto o 1 de xullo, habilitarase ademais unha web para que as persoas poidan pedir cita para vacinarse nun proceso "paralelo" ao de agora, no que a cita previa é fixada directamente polo Sergas.

Deste xeito, o Servizo Galego de Saúde combinará o sistema habitual de citación por SMS –desde os máis maiores, de 39 anos, cara abaixo– cun procedemento de petición de citas voluntarias aberto a todos os maiores de 18 para encher "ocos". Así, haberá dous procedementos de chamada paralelos: encher "por defecto" a axenda de vacinación a través de SMS empezando polos pacientes de 39 anos e incluír "ocos polo medio" con aquelas persoas de máis de 18 que pidan cita voluntariamente.

Con respecto á polémica pola normativa de restricións e horarios do Ministerio de Sanidade, publicada o sábado no Boletín Oficial do Estado (BOE), manifestou que a Xunta "entende que non" é de obrigado cumprimento polo xeito na que se abordou no Consello Interterritorial de Saúde, onde se aprobou por maioría e non por consenso.

E confirmou que onte mesmo falou coa ministra de Sanidade, Carolina Darias, que ofreceu "consenso" e retirar o referente aos horarios de hostalería, tras o que pola noite o Ministerio remitiu un novo borrador ás comunidades autónomas.

"Volvemos á senda de que cada comunidade xestione as súas competencias", considerou o conselleiro, quen dixo que se esta é a postura do Ministerio no Consello Interritorial de mañá "non terá problema en apoiala", pero se segue insistindo en romper "as regras de xogo" oporase.

García Comesaña informou de que o grao de adherencia á vacinación "é bo", xa que alcanza o 90% entre as persoas de 50 a 59 anos en Galicia.

Aparte, entre o 10% restante, que non se vacinan cando son citados, hai casos cos que non se consegue contactar por problemas co número de teléfono ou prefiren esperar por calquera motivo, e non é que todos se neguen a vacinarse, explicou.

No tramo de 40 a 49 anos quedan unhas 400.000 persoas por vacinar, polo que a previsión do Sergas é, a un ritmo medio dunhas 100.000 vacinas por semana, poder ter esta franxa de idade coa pauta completa a finais de xullo, mes no que se empezará simultaneamente cos menores desa idade para proseguir despois co resto "ata chegar aos de 18".

Tamén dixo que a Xunta está "a esbozar" xa a posibilidade de ter un escenario o ano que vén no que coincida a terceira dose, ou de recordo, das vacinas como Pfizer e outras contra o covid-19 coa da gripe, pero á espera do que diga a Axencia Europea do Medicamento, a UE, e o Ministerio de Sanidade.

Sobre a perspectiva de poder deixar de usar a máscara nos lugares exteriores, o conselleiro espera que poida ser "moi pronto" pero non deu unha data, máis aló de que confía en que sexa "este verán" antes do mes de setembro, e sempre mantendo o seu uso en interiores ou en caso de contaxio.

En Galicia hai identificados 18 casos da variante india do covid-19 nun "brote controlado" que non sae desa contorna, segundo o conselleiro, quen apuntou que esta variante é "lixeiramente máis transmisible" que a británica, pero si que "parece que é sensible ás vacinas".

Comesaña dixo que este é o momento "para ser optimistas" con respecto á evolución da pandemia, ao mesmo tempo que pediu prudencia para seguir evitando encontros sociais. "é mellor aguantar un pouquiño e non afogarse na beira porque a beira está moi preto", concluíu.

Sanidade cubrirá os "ocos" na campaña de vacinación con maiores de...
comentarios
ç