Asociacións e colectivos do sector do mexillón demandaron a dimisión da conselleira do Mar, Rosa Quintana, pola súa xestión do conflito da mexilla, que motiva a convocatoria dunha concentración este sábado en Santiago que coincidirá coa toma de posesión de Alfonso Rueda como novo Presidente da Xunta de Galicia.
O motivo da convocatoria, difundida este martes a través dun comunicado, é protestar contra a xestión da Xunta do conflito aberto entre bateeiros e percebeiros pola extracción de fazula.
O sector pide a dimisión de Quintana e da directora xeral de Desenvolvemente Pesqueiro, Susana Rodríguez Carballo; ás que acusa de xerar "unha problemática que nunca existira en 70 anos de existencia de bateas" nas costas galegas.
Así as cousas, demandan a asunción de responsabilidades ao máis alto nivel no departamento de pesca da Xunta pola aprobación "duns plans que xeran graves prexuízos para o sector e que están baseados nuns informes que nunca puideron ser contrastados".