Sen 'piratas' nas rías

45 praias galegas loitarán contra o furtivismo de bañador cun programa didáctico da Consellería do Mar 
A campaña 'Non sexas pirata!' en a praia de O Vao,
photo_camera A campaña 'Non sexas pirata, á praia ven a gozar, non saquear' na praia do Vao, situada na Illa de Arousa. OUBIÑA

Un dos problemas dos areais galegos é furtivismo de bañador, polo que a Xunta puxo en marcha unha iniciativa de conciencición baixo a lema Non sexas pirata, á praia ven a gozar, non saquear na que participan 45 praias, neste caso as que reciben máis visitantes e as que contan con maior produción marisqueira co obxectivo de frear esta actividade.

Esta campaña que se prolongará ata o 31 de agosto, xa se realizou o verán pasado en 35 areais e 21 concellos, pero este ano ampliou horizontes e xa son dez praias e 14 concellos máis os que se unen á loita contra os saqueadores das praias. A conselleira do mar, Rosa Quintana destacou que a finalidade é continuar concienciando á cidadanía sobre a importancia do marisqueo e a ilegalidade que supón a extracción de moluscos sen permiso de explotación.

A Illa de Arousa, é un dos concellos que dá exemplo apoiando a causa, onde os mariscadores representan o 80% dos membros da confraría e onde o marisqueo e as algas supoñen a totalidade das descargas e facturación na súa lonxa.

Rosa Quintana tamén resaltou a relevancia que supón loitar de forma conxunta e coordinada contra a problemática do furtivismo de bañador, para pór en valor o labor dos mariscadores profesionais e facer un chamamento á responsabilidade de cada bañista.

As accións que inclúe a iniciativa presentada na Illa de Arousa consisten nunha dinámica de xogo educativo que pretende mostrar aos nenos o traballo que hai ao redor do marisqueo e dos profesionais desta actividade. Nelas explícanse aspectos sobre as especies autóctonas de moluscos, a importancia de respectar o traballo dos profesionais do este labor e a súa dureza. Tamén se expoñen diferentes labores que realizan as mariscadoras e cuestións relativas ás tallas mínimas. A gastronomía e a seguridade alimentaria abórdanse de xeito ameno e práctica nas actividades desta campaña.

Comentarios